Semana da Ciencia 2010
A Asociación de Ciencia e Tecnoloxía Guillelme Brown saca á rúa proxectos do alumnado de secundaria, con motivo da Semana da Ciencia.
O domingo 21 e luns 22 de novembro instalouse na Alameda do Concello de Ourense unha carpa onde visitar os traballos de investigación noveis e participar nun taller científico sobre a percepción.
Os traballos foron recoñecidos e premiados na Exporecerca Jove de Barcelona, coa participación na Semana Mundial da Auga de Estocolmo (certame Stockholm Junior Water Prize) e na Miset Expo-Science Europe de Moscú (RUSIA).

0 Response to " "
Publicar un comentario