Excursión Infantil

Os nenos e nenas de 4 de 5 anos foron de excursión a Ourense para coñecer mellor a nosa cidade.


XV CONCERTO FIN DE CURSO ESCOLA DE MÚSICA

O venres 3 de xuño celebrouse o Festival da Escola de Música do Colexio Guillelme Brown no Auditorio do Conservatorio de Ourense.


Alumnos/as desde os 4 anos ata os 16 interpretaron pezas traballadas durante o presente curso na variada oferta instrumental que contempla o Colexio, guitarra, percusión, violín e piano, así como pezas grupais de diferentes estilos.

O Departamento de Música do Colexio quere agradecer o traballo e esforzo realizado por todo o alumnado, así como a colaboración dos profesores e familiares.


























Premio Literario

Miguel Puga de 5º de EP acadou un dos premios dentro do Certame de Contos que  o Concello de Ourense organiza ano tras ano e no que participaron  practicamente todos os colexios de Ourense. o seu relato titúlase "O Miño leva a fama e o Sil a auga". ¡¡¡Noraboa!!!


O MIÑO LEVA A FAMA E O SIL LEVA A AUGA

Vou contarvos unha historia que pasou en Ourense. Un dia o Sil cansouse de darlle auga ó Miño e que el se leve toda a fama … ¡Vaiamos ó gran¡.

Unha tarde soleada de verán os paseantes que se encontraban ás beiras do Sil empezaron unha conversación sobre este afluente.

- Este río gústame moito, leva moita auga, é moi grande e moi bonito- comentaba un deles.

- Pois a min gústame máis o Miño; é o río máis longo, caudaloso e importante de Galicia– dicía outro.

- Pero cando se xuntan nos Peares ten moita máis auga o Sil que o Miño- dixo o primeiro, que seguía a favor do Sil.

- Cando o Miño desemboca no mar ten moitísima máis auga- dicía outro.

- ¡É verdade¡- dixo o primeiro. -A partir de agora o Miño vai ser o meu río preferido-

O Sil, que estaba escoitando a conversación, empezouse a sentir celoso do Miño. Empezou a buscar, buscar e rebuscar unha solución para que el fose máis popular que o Miño, ata que a encontrou: non lle daría máis auga ó Miño que así tería menos auga e el máis.

O Miño estrañouse de ter tan pouca auga ultimamente, ata que se decatou que o Sil non lla daba, e decidiu falar con el.

- ¿Por que non me dás auga?– díxolle o Miño.

- Porque estou escaso dela– respondeulle o Sil.

- ¿Escaso dela?, ¡pero se estás a rebosar!

- ¡Teño moi pouca!- dixo o Sil.

- Estaslle facendo dano á cidade de Ourense porque eu non podo xerar electricidade, e ao mar porque non lle podo dar auga, ¿Sabíalo?

- Non- respondeu o Sil.

- ¡¡¡Ti o que queres é que non teña auga!!!- respondeulle o Miño furioso-- así es máis popular ca min.

- ¡É mentira¡- dixo o Sil.

´Discutiron horas e horas, ata que o Miño dixo:

- Hai dous adxectivos que nos definen ós dous. A ti bonito e a min caudaloso, ¡non tes que quitarme o meu!

E dito isto, deixou de falarlle ó Sil.

Un día de moita choiva, o Sil desbordouse, e inundou unha parte da cidade de Ourense. A partir dese da o Sil non volveu ser tan avaricioso e foille pedir desculpas ao Miño e darlle a auga que lle ´sobraba, prometendo que nunca lle volveria roubar o seu adxectivo ó Miño, porque a el tampouco lle gustaría que lle quitaran as súas vistas.

F I N

Sentenza: O que moito quere, pouco axuda.

Miguel Puga Sánchez (5º EP)


Seguidores

Datos personales