NEOLÍTICO, de nómadas a sedentarios

Os alumnos e alumnas de 1º E.S.O., visitaron a exposición que presenta a Obra Social A Caixa: "Neolítico, de nómadas a sedentarios".
 
Nesta exposición mostrábanse as formas artísticas, económicas, tecnolóxicas, culturais e rituais das primeiras comunidades neolíticas. Unha fascinante viaxe de 8.000 anos de historia, dende os últimos cazadores ata as primeiras sociedades urbanas. 
A través dun conxunto de materiais representativos que aparecían na exposición, como vasos, cerámicas, ferramentas, ilustracións de poboados, escenografías de covas e casas ou esculturas humanas e animais, desvélanse os fitos culturais que marcaron o camiño cara á civilización  ( a agricultura, a gandaría, a cerámica e a escritura ).
Unha auténtica volta ao pasado!!!!!


ENTROIDO 13-14

Momentos da Festa do Entroido Medieval




Seguidores

Datos personales