O sábado 19 de novembro celebrouse no colexio Guillelme Brown en Pereiro de Aguiar o "XVI Cross GUILLELME BROWN", no que como en anos anteriores se diron cita rapaces e atletas de diversos colexios e clubes da capital e da provincia.
Este ano houbo unha masiva afluencia de corredores repartidos nas categorías Pre-benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Absoluta, non habendo límite de idade de participación.
Baixo o lema "Deporte é saúde", o obxectivo principal do colexio organizador é o de animar aos rapaces/zas e afeccionados ao deporte en xeral a gozar dunha xornada de convivencia, onde nenos/as e maiores foron atletas protagonistas alomenos por un día.
0