Excursión a Santiago

O pasado día 13 de maio, os cursos de 5º e 6º de EP fomos a Santiago de Compostela. Pola mañá visitamos o Parlamento Galego lugar dende onde os representantes elixidos traballan para dirixirnos. O que máis nos gustou foi o hemiciclo. Alí explicamos as nosas ideas sobre o que pensamos para ter un mundo mellor. Saíronnos moitas. Quen sabe se nun futuro volveremos...







Despois fomos dar unha volta pola zona vella de Santiago. Na catedral vimos o botafumeiro a pleno rendemento. Había moitísimos turistas aínda sendo día da semana. A nosa capital non perde nunca o seu encanto.





Pola tarde, e despois de comer e xogar un pouco na Alameda, fomoa ao Museo do Pobo Galego onde aprendemos moitas cousas sobre os xeitos de vida en Galicia nas distintas salas que hai (oficios, campo, música, traxe, o mar...).




¡¡¡¡A pesar da calor, foi un día formidable!!!!!!

Festa das Letras Galegas

Semana das Letras Galegas


Durante a semana do 16 ao 20 de maio moitas foron as actividades realizadas polos distintos cursos en homenaxe á nosa lingua e a Lois Pereiro, por suposto. Este é o programa e algunha fotos lembrando os momentos magníficos que pasamos.

































DEPORTES


Durante o presente curso o deporte foi un elemento básico no colexio semana tras semana. Finalizadas practicamente todas as competicións, pasamos a facer un resume das mesmas. Dende este xornal queremos darlles a noraboa a todos os que participaron nas distintas modalidades que se practican no colexio. O esforzo, a deportividade e a actitude foron encomiables en cada unha delas.
¡¡¡NORABOA A TODOS E A TODAS!!!!!

XADREZ

Ao finalizar a tempada, obtivemos os seguintes resultados:
-Campións provinciais por equipos (Martín F., Marcos, Iago e Beltrán)



-3º clasificado provincial (Rodrigo, Mario, Alberto e Xulián)


-Campión provincial individual Sub-10 (Martín Fernández)
-Campión provincial alevín (Miguel Puga)




KUNG-FÚ
Despois dos torneos celebrados en Ourense acadando excelentes resultados fomos ao campionato interprovincial escolar celebrado en Arteixo (A Coruña).
-Cinturón verde (Mateo, Iago, Marcos, Martín M, Rodrigo e Antonio): 1º posto

-Cinturón amarelo (Carla, Alexandre, Zoe e Lara): 1º posto
-Cinturón amarelo (Guille, Duarte, José, Iare e Manuel): 2º posto
-Cinturón amarelo (Anne, Shao, Óscar e Alex): 3º posto
Todos os equipos participarán no Campionato Galego na cidade de Lugo o vindeiro 19 de xuño.
¡¡¡Moita sorte!!!












Seguidores

Datos personales