Guillelme Brown

Eventos

Durante este trimestre foron moitas as saídas realizadas polos distintos cursos nas que imperou sobre todo o teatro e música. Vexamos algunhas delas:

CONCERTO DE MÚSICA POPULAR GALEGA

Os cursos de 2º, 3º e 4º de EP coñeceron a música dos copleiros (violín e zanfona), das cantadeiras (pandeiretas, pandeiras, adufes, latas...), dos cuartetos (gaita, bombo e tamboril) e das murgas (saxofón, acordeón, bombo de platillos, caixa...)




O HUMOR NA ÓPERA
O día 25 de xaneiro fomos ver unha representación que constaba dos catro mellores momentos  das catro óperas máis  afamadas da historia da música: A frauta máxica  de Mozart, Así fan todas de Rossini,
O barbeiro de Sevilla de Donizetti e O elixir de amor de Mozart.




AS FORMAS DA MÚSICA

Os cursos de 4º, 5º e 6º de EP aprenderon a estrutura dunha obra musical. A través dos distintos instrumentos que nos presentaron no Auditorio (violín, violonchelo, frauta, saxofón, clarinete, percusión...) vimos a forma que ten un rondó, en qué consiste unha ponte musical, para que se usa unha coda...Foi unha mañá estupenda.



OS NARIGUDOS
Os nenos e nenas de Infantil 5 e 1º e 2º de EP foron ver a obra de monicreques Os narigudos  onde se mesturaban o humor dos personaxes con cancións en directo e na que se traballaba sobre todos o compañeirismo, o amor o o respecto mútuo.


O FORNO DE FLORDELÍS

En abril, os cursos de 2º, 3º e 4º de EP foron ver a representación teatral O forno de Flordelís na que se valora sobre todo o traballo comunitario fronte aos individualismos. O humor acompaña de principio a fin a obra.



VISITA AO PARQUE DOS BOMBEIROS


O pasado 12 de abril os nenos e nenas de 3º de EP foron ao Parque dos bombeiros para comprobar como é un día de traballo nese lugar. O mellor foi cando colleron a Alberto e o subiron por unha escada que alcanzaba oito pisos!!!! Imaxinade a cara coa que baixou.





.

VISITA CULTURAL A VIGO


O 14 de abril o 2º Ciclo de EP fomos a Vigo. O primeiro que visitamos foi a aula medioambiental interacativa Naturnova. Vimos un simulador de submarino e puidemos coñecer os planetas e máis cousas sobre a Terra e a contaminación.






A segunda visita foi a MARCO, museo de arte contemporánea onde nos explicaron como é este tipo de arte e onde vimos tamén unha exposición do fotógrafo Virxilio. Por último, fixemos unha actividade cuns espellos de cartón que pintamos nós mesmos.




En Samil repuxemos forzas para a tarde.



Pola tarde fomos ao VERBUM onde cada un de nós investigou aló por onde quixo. Finalmente, coa motivacion da exposición, modificamos un obxecto que levaramos con materiais que nos deron no museo.
Foi un día magnífico e ESGOTADOR!!!!!





DIA DO LIBRO

O 28 de abril celebramos no colexio o Día do Libro


  LA VIDA EN VERSO
o       PORCHE:   – Stands organizados pola ESO
o       SALÓN DE ACTOS:
·       Representacións dos cursos de Infantil e Primaria.
·       Actuacións musicais.
·       Entrega de premios
·       Lectura dos poemas gañadores.


Foi unha mañá plena de poesía na que todos gozamos do bo facer de todos os nenos e nenas do colexio. Dende aquí queremos darlles a noraboa a todos.











CURSO DE SURF
O pasado venres, 29 de abril, os alumnos de 6º de EP e toda a ESO fomos á zona de Sanxenxo a practicar surf por medio de VozNatura. Aproveitamos a ocasión para facer unha limpeza da praia contribuíndo así coa limpeza das nosas costas. 










As actividades do Colexio

Abrimos aquí unha nova sección na que iremos informando pouco a pouco daquelas actividades que se realizan no colexio polas tardes. Empezamos pola de Folk. Esta actividade é os venres ás 16.00 horas e nela os que están apuntados aprenden cantigas,  bailes populares e pandeireta. Din que parecía máis fácil do que pensaban. Cando bailan quedan moi cansos e á hora de tocar a pandeireta comproban que necesitan ensaiar máis tempo na súa casa. Co tempo, seguro que teremos un gran grupo.



CURSO DE GOLF

Durante o mes de marzo houbo un curso de golf impartido durante catro sesións onde se traballou un pouco a técnica deste deporte e que segundo os nenos e nenas non é tan fácil como eles pensaban. Ao mellor dentro duns anos vemos a algún deles no OPEN Británico. Quen sabe...






BAILE MODERNO


Esta actividade lévase a cabo os martes e xoves de 16.00 a 17.00 horas. Nela aprendemos todo tipo de bailes modernos con Luna. Ao final das clases montamos coreografías de distintos temas (circo , natureza, azafatas, etc...). Despois de todo un curso dende aquí queremos recomendarlla a todo o mundo poque se pasa moi ben.





Entroido

Durante unha semana moitas foron as actividades realizadas con motivo da festa do entroido. Todas elas tiveron o seu colofón o venres onde as comparsas de cada grupo fixeron a delicia de todos.

O meco representa ao inverno que está a piques de rematar. Mira que pesaba para subido alí enriba!!!

Na loita de compadres e comadres todos acabamos canso de tanto correr.



Aquí temos aos pintores de Infantil



Os "Raperos" de 1º e 2º de EP




Os de 3º de EP disfrazáronse de "Futboleros"



4º de EP fixeron a gran comparsa dos "Expías"



Os de 5º e 6º viñeron de "Hippies"

A verdade é que dá gusto ver a imaxinación de todo o mundo á hora de disfrazarse. Pero o Entroido non é só iso. ¿Sabedes que a provincia de Ourense é un dos lugares onde se celebran os entroidos máis ancestrais?
Aquí van algúns traballos realizados polas distintas clases onde comprobamos a riqueza das nosas tradicións.

A PANTALLA DE XINZO DE LIMIA



















PELIQUEIRO DE LAZA


















FELO DE MACEDA



CIGARRÓN DE VERÍN





Seguidores

Datos personales