Visita ao castro de San Tomé



O ano pasado, os de 1º e 2º da E.S.O. estivemos nunha visita no castro de San Tomé, en Pereiro de Aguiar, preto do noso colexio. O castro atopábase no cume dunha colina moi accidentada por un dos seus lados e cunha pequena fervenza natural polo outro, o que a facía moi difícil de atacar, xa que os atacantes terían que escalar un terreo moi irregular e despois establecer a loita contra os habitantes do castro.



As casas do castro tiñan forma de rectángulo propia das casas romanas, o que nos demostra que estaban romanizados, é dicir, que os romanos xa estaban en Galicia. Orixinariamente, as casas castrexas terían forma de círculo, pero os



castrexos foron pouco a pouco adoptando á arquitectura romana. Os castros estaban construídos en pedra, unhas por riba das outras e o faiado estaba feito de madeira ou palla. Non dispoñían de mobles, e se comía no chan, cas mans. Tan só había unhas vasixas coa parte inferior picuda (ánforas) que se usaban para transportar líquidos como a auga ou o aceite e que se cravaban no chan, de terra, incluso dentro das casas.



O castro tiña unha torre e unhas murallas grosas para a súa defensa, e incluso tamén tiñan outra muralla interna para maior protección.

0 Response to " "

Seguidores

Datos personales