Excursión a Santiago

O pasado día 13 de maio, os cursos de 5º e 6º de EP fomos a Santiago de Compostela. Pola mañá visitamos o Parlamento Galego lugar dende onde os representantes elixidos traballan para dirixirnos. O que máis nos gustou foi o hemiciclo. Alí explicamos as nosas ideas sobre o que pensamos para ter un mundo mellor. Saíronnos moitas. Quen sabe se nun futuro volveremos...







Despois fomos dar unha volta pola zona vella de Santiago. Na catedral vimos o botafumeiro a pleno rendemento. Había moitísimos turistas aínda sendo día da semana. A nosa capital non perde nunca o seu encanto.





Pola tarde, e despois de comer e xogar un pouco na Alameda, fomoa ao Museo do Pobo Galego onde aprendemos moitas cousas sobre os xeitos de vida en Galicia nas distintas salas que hai (oficios, campo, música, traxe, o mar...).




¡¡¡¡A pesar da calor, foi un día formidable!!!!!!

0 Response to "Excursión a Santiago"

Seguidores

Datos personales