CORUÑA 3-02-14




O luns 3 de febreiro, os grupos de 5º e 6º de E.P. e 1º e 2º de E.S.O., estivemos na Coruña  para visitar as tres Casas dedicadas á Ciencia:

  • A Casa dos Peixes ou Aquarium Finisterrae
  • Casa do Home ou Domus
  •  Casa das Ciencias.


O Aquarium está situado  entre a Torre de Hércules e a praia do Orzán. Nada mais chegar botamos unha ollada ó espectáculo que presentaban as ondas que chegaban ata a costa, o noso Océano Atlántico estaba realmente “bravo” e deleitounos coa súa beleza. 

Entramos no Aquarium e alí xa nos estaba esperando unha monitora que se ocupou de ensinarnos as distintas salas e contounos unha morea de cousas sobre os animais que viven nas nosas augas. 
Pero foi a sala do Nautilus onde se atopa Gastón, unha quenlla touro, a que nos embelesou completamente. Non saímos as piscinas exteriores polo risco que había coas rachas de vento, pero dende as fiestras vimos ás focas e tamén os desaliñados que fixo o temporal nos días anteriores á nosa visita.


Dende alí marchamos para a Domus, onde coñecemos a forma do noso ADN, os cromosomas, a forma e función das nosas neuronas, paseámonos por dentro da maqueta do corazón, “chutamos” con forza un balón para comprobar a potencia das nosas pernas e descubrimos moitas mais cousas relacionadas co noso corpo. 
Foi aquí onde comemos o  “bocata” compartindo  cos compañeiros todas as ledicias que nos prepararon na casa e, como non, volvemos a deleitarnos coa vista do mar e a beleza desta zona da cidade da Coruña.


Coa barriga repletiña dividímonos en dous grupos, uns marchamos visitar a Praza de María Pita, o Castelo de San Antón e outras zonas da Coruña que conforman a nosa historia e outros  fomos para a Casa das Ciencias que está na zona alta da Cidade, dentro do Parque de Santa Margarita. 
Este foi o primeiro museo científico que se fixo na Coruña e está nun palacete moi fermoso que consta de catro plantas con diferentes módulos experimentais onde soamente teñen un lema “todo se pode tocar e manipular” e así o fixemos. Aprendemos cousas sobre o péndulo, pois no canón da escaleira segue estando o famoso péndulo de Foucault co que demostrou o movemento de rotación terrestre, tamén aprendemos cousas sobre ondas, o son, a luz, incluso vimos nacer uns pitiños na incubadora. A verdade é que invita a volver porque faltounos tempo para ver todo. 
Para rematar subimos ata a última planta onde nos puxeron unha sesión no planetario.


Foi unha xornada moi intensa pero única que invita a volver a visitar estas Casas.






0 Response to "CORUÑA 3-02-14"

Seguidores

Datos personales