EXPOCIENCIA

  O PASADO VENRES, 1 DE ABRIL, CELEBRAMOS A X EXPOCIENCIA GUILLELME BROWN CUN ÉXITO ROTUNDO TANTO EN PRESENTACIÓNS DE TRABALLOS COMO EN ASISTENCIA DE PÚBLICO.

ACTO INAUGURAL.

O Subdelegado do Goberno, D. Camilo Ocampo, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, D. Rogelio Martínez, e o Inspector de Educación , D. José Delgado, presidiron o acto.

D. Camilo Ocampo, D. Rogelio Martínez e D. José Delgado dirixíndose aos asistentes.





Todo o alumnado seguíu con atención as súas palabras e felicitacións polo traballo ben feito:




APERTURA DA EXPOCIENCIA

Tras os discursos todos os/as alumnos/as defenderon os seus proxectos e suscitaron a atención dos asistentes.





Ao longo da mañá acercáronse ata o Colexio Dª Luisa Pena, Xerente do Parque Tecnolóxico de 
Galicia, e as Tecnicos da Tecnópole para interesarse polo traballo do alumnado do Centro:




Dª Ana Garrido, Concelleira de Educación do Concello de Ourense tampouco quixo perder unha nova edición da Expociencia:



Durante toda a mañá e pola tarde o polideportivo foi un fervedoiro de nenos/as e maiores.




EXPOSICIÓN ORAL

Despois do xantar os alumnos que asistirán á XII Exporecerca Jove de Barcelona, os días 7, 8 e 9 de 
abril de 2011, defenderon os seus proxectos ante os compañeiros de clase.




POLA TARDE ...

Ás 16 h. todos voltaron aos seus postos. A mellor forma de aprender é compartir as experiencias cos compañeiros.






0 Response to "EXPOCIENCIA"

Seguidores

Datos personales