Exporecerca de Barcelona

Un ano máis o Colexio Guillelme Brown foi o centro máis premiado da Exporecerca Jove. Cinco foron os diversos premios e recoñecementos do xurado na 12ª edición do certame científico de Barcelona.




2º PREMIO CATEGORÍA A
DESENVOLVEMENTO DUN PANEL ILLANTE NATURAL PARA O SEU EMPREGO EN CONSTRUCIÓNS. 
Liena Pérez, Sofía Justo e Uxía Ayala. 1º de ESO
Están convidadas a participar no Festival internacional de ciencia en Eslovaquia Vedy à Technikyque a asociación "Amavet" de Eslovaquia organiza, en Bratislava na segunda quincena de novembro.

 
PREMIO CSIC
DESENVOLVEMENTO DUN PANEL ILLANTE NATURAL PARA O SEU EMPREGO EN CONSTRUCIÓNS.
 Liena Pérez, Sofía Justo e Uxía Ayala. 1º de ESO.
Están convidadas aunha estancia dunha semana nun Instituto do CSIC e titorizadas pon un investigador profesional do CSIC relacionado coa temática do proxecto para ampliar o seu traballo.
 
3º PREMIO CATEGORÍA B 
DESEÑO E CONSTRUCIÓN DUN SISTEMA DE DEPURACIÓN DE AUGA CONTAMINADA. 
Sandra Somastre. 4º ESO.
Está convidada a participar no “VI Encuentro de Alumnos Investigadores” promovido pola Asociación de Profesores de Ciencias “Eureka”. Terá lugar en San Fernando (Cádiz) do 26 ao 29 de abril de 2011.



1º ACCESIT CATEGORÍA A
BAILANDO COA CIENCIA. APROXIMACIÓN CIENTÍFICA Á DANZA.
 Sofía Barreiro e María Maslanka. 2ºde ESO
Están convidadas a participar no “VI Encuentro de Alumnos Investigadores” promovido pola Asociación de Profesores de Ciencias “Eureka”. Terá lugar en San Fernando (Cádiz) do 26 ao 29 de abril de 2011.



1ºACCESIT CATEGORÍA B
IMPACTO DA EXPOSICIÓN PASIVA DOMICILIARIA AO FUME DO TABACO NA POBOACIÓN INFANTO-XUVENIL.
 Ana Esteban e Uxía Fernández. 4º ESO.
Están convidadas a participar no “VI Encuentro de Alumnos Investigadores” promovido pola Asociación de Profesores de Ciencias “Eureka”. Terá lugar en San Fernando (Cádiz) do 26 ao 29 de abril de 2011.




DENDE O PLANETAGUILLELME QUEREMOS DARLLE A NORABOA A TODOS E TODAS OS QUE PARTICIPARON NESTA NOVA EDICIÓN DA EXPORECERCA E QUE NOS DAN ÁNIMOS PARA IR PENSANDO XA EN NOVOS PROXECTOS PARA O CURSO QUE VÉN.



0 Response to "Exporecerca de Barcelona"

Seguidores

Datos personales