Excursión á Ribeira Sacra

No pasado curso realizamos unha saída á Ribeira 
Sacra. O primeiro que fixemos foi visitar o Concello
de Luíntra onde fomos recibidos por un afiador que
nos falou de como traballaban indo de pobo en pobo
afiando coitelos, tesoiras... Agora xa non queda case
ningún.


Máis tarde iniciamos unha andaina de máis de catro
quilómetros. Empezamos nas mámoas da Moura que
son unhas sepulturas megalíticas de máis de 4000 anos.
O sendeiro polo que pasamos estaba poboados de enormes
castiñeiros aos que xa se lles empezaban a caer os ourizos.
O camiño tiña bastantes dificultades pois era todo unha
pendiente que nos levaría ata o mosteiro de San Estevo.
Despois chegou o momento de repoñer forzas. Cada un de
nós levaba a súa comida e todos compartimos un momento
moi agradable e divertido. Unha señora incluso nos deixou
xogar na súa finca onde tiña columpios.
Despois collemos o autobús para ir ao
catamarán que nos esperaba no río Sil.
Empezou a chover con forza pero iso
non importaba moito. Todos quedamos
impresionados coa paisaxe.
Xa era hora de voltar para o Colexio.
A verdade é que foi un bo inicio de curso.

0 Response to "Excursión á Ribeira Sacra"

Seguidores

Datos personales