Semana da Ciencia 2010   

      A Asociación de Ciencia e Tecnoloxía Guillelme Brown saca á rúa proxectos do alumnado de secundaria, con motivo da Semana da Ciencia.
     O domingo 21 e luns 22 de novembro instalouse na Alameda do Concello de Ourense unha carpa onde visitar os traballos de investigación noveis e participar nun taller científico sobre a percepción.
     Os traballos foron recoñecidos e premiados na Exporecerca Jove de Barcelona, coa participación na Semana Mundial da Auga de Estocolmo (certame Stockholm Junior Water Prize) e na Miset Expo-Science Europe de Moscú (RUSIA).
      A Asociación de Ciencia e Tecnoloxía Guillelme Brown promove a divulgación científica entre o alumnado de Secundaria e OURENSE INVESTIGA é a primeira actividade que intenta proporcionar un novo foro científico e educativo a cidade, incentivando deste xeito a investigación e innovación nos estudantes máis novos.  
     OURENSE INVESTIGA está enmarcado dentro do programa nacional dos actos da Semana da Ciencia. Conta coa promoción do FECYT e a Consellería de Economía e Industria, e a nivel local, coa colaboración da Concellería de Educación de Ourense.

¡Felicidades os mozos/as polos seus proxectos!



0 Response to " "

Seguidores

Datos personales