O NOSO MAGOSTO


Un ano máis, o  Colexio Guillelme Brown volve a encherse de efervescencia  para non esquecer unha festa tradicional e moi querida por todos: o magosto.
Nas aulas foi un tema que sempre dá moito, pero moito de que falar e traballar dende o departamento de ciencias,  dando unha volta polo de historia,  pasando polo de arte, ata chegar o de lingua galega… Canto nos ensina o mundo da castaña! Historia, gastronomía, tradición, xogos, presente… Cantas cousas aprenden estes nenos.
O día foi espléndido e o sol non faltou para que os nenos puideran compartir xogos populares, cantar e bailar as muiñeiras  ao son das gaitas. Tamén tiveron ánimo para saltar a súas fogueiras: é a tradición!  E sorprendentemente,  fano con bos saltos. Nunca caen nas brasas. Dá gusto velos rir e saltar.




Un día ledo para unha festa leda.

0 Response to "O NOSO MAGOSTO "

Seguidores

Datos personales