Dereitos do neno



Ola chámome  Zahara, e son de Bombai. Teño once anos. Polas mañás vou ao colexio despois de camiñar unha hora. Polas tardes traballo nos telares cos meus pais. Polas noites chego tarde á nosa chaboliña, onde durmimos a carón do lume meus pais, meus irmáns e mais eu. Case todos os días comemos arroz e ás veces algo de carne, pero moi de vez en cando… A vida que eu levo é moi diferente á da miña amiga Menaja que foi adoptada hai dous anos por unha familia española. De cando en vez recibo cartas dela dicíndome cómo lle vai por alá.
Ela cóntame que xa non ten que traballar, que vai á escola pola mañá e pola tarde pode xogar. Ten unha habitación para ela soa e ademais unha cama onde durmir. Dúchase todos os días con xabón nunha grande bañeira (algo que non sei moi ben qué é). Ten un armario cheo de roupa nova que lle mercou a súa nai e case un par de zapatos para cada día. Non ten que lavar a roupa a man, xa que na casa hai unha lavadora que o fai por ela.
Tamén me contou que come moitas veces ó día. Polas tardes toma un bocadillo que se chama “merenda”, que é coma o que nós comemos para todo o día. Dixo que non pasaba nada de fame, que incluso agora botara algo de barriguiña. Os seus pais deben querela moito.
Cando chega á súa casa, despois de xogar, estuda o que aprendeu no colexio.
E a que non sabedes que... ¡ten un aparato no que ve series, debuxos animados,...e ten son! Debe divertirse moito.
Á hora na que se fai de noite, vólvenlle dar de comer para que descanse ben e non teña fame.
Ela ten un descanso entre semana e semana de dous días. Eses dous días pásaos cos seus pais, xogando e descansando.
Aquí non hai descansos entre semana e semana, traballamos todos os días para poder manter a nosa familia, somos tres irmás. Eu son a maior, coido moito as miñas irmás pequenas, xa que os meus pais saen a traballar moitas veces fóra e case non poden estar con nós.
Na última  carta, cóntame que foi de viaxe por Europa e que  alí todos os nenos teñen a mesma vida que está levando ela. Alí, todos os  nenos van ó colexio, non traballan, e poden ir xogar cos seus amigos ao parque. Todos teñen unha cama, un aparato que emite sons, toda a comida que queiran,...
Eses nenos non se imaxinan a sorte que tiveron de ter nado alí e non aquí.
Non entendo por qué non podemos ser todos iguais,  por qué é todo tan distinto. Pregúntome se en África, América do Sur e en Oceanía, tamén é así. Gustaríame que en todo o mundo os nenos foramos iguais. Eu penso estudar moito, axudar ós meus pais e cando sexa maior poder mercar unha casa nova onde vivir todos xuntos, e ter un aparato para ver pelis e moita comida para non pasar fame.


Uxía Fernández 3º ESO


Dereitos do neno




Nun lugar da India, nos arredores de Bombai unha pequena fábrica de alfombras.
Destas alfombras dicíase que eran das mellores de toda a India, recorrían todo o mundo.
Aquí comeza a historia de verdade, con Ismha un neno que todas as mañás espertaba moi moi cedo para ter que ir traballar a esta fábrica.
Tiña que traballar todos os días do ano facendo alfombras que despois se exportarían aos países do primeiro mundo, e o único que recibía a cambio era un pequeno anaco de pan, e un pequeno vaso de auga.
O que te deixa co corazón roto é que este rapaz non falaba nin se queixaba, porque non coñecía outra vida, agás a que tiña el, e sentíase afortunado polo que tiña.
Un día inesperado, Ismha levantárase cun corpo moi castigado, entre unha fábrica escura, e despois de estar traballando durante dúas horas seguidas facendo alfombras, mentres as portas grandes, abríronse, e a luz entrou nese lugar tan escuro, todos os nenos asustáronse, porque despois de dúas horas a escuras a luz do sol molestáballes.
Eran uns homes de traxe, un traxe branco, os nenos pensaron que eran deuses xente estraña, este homes colleron a 7 nenos, os que en peores condicións vivían, entre eles ía Ismha. Tempo despois estes homes déronlles unhas pílulas con auga, as cales dormiríanos. Pouco despois chegaron a un país chamado Francia,  no cal agardaban xusto 7 familias, unha delas colleu a Ismha e levouno á súa casa.
En canto Ismha entrou na casa, fixouse en todo o que tiña: no grande que era a comida a televisión… todoo…!!!!! E o máis raro que tiña ese neno era que cando lle dicían de ir durmir, non quería ir  durmir a unha cama senón que durmía e agochábase, na alfombra que tiñan no salón.
A familia non o comprendía, pero Ismha deuse de conta de que non era feliz, de que vivira unha mentira, e non se sabe cómo pero ao día seguinte encontrárono morto enriba da alfombra…

Anxo  Rodríguez 4º ESO


DEREITOS DO NENO

Todos temos dereitos, pero agora falarei dos dereitos do neno; a lei di que os nenos temos que ter certos dereitos, pero aínda así, no todos gozamos deles, un exemplo son os nenos do terceiro mundo, os desfavorecidos, que teñen que traballar e nunca teñen descanso, ademais de non estar ben alimentados, mentres que nós, os do primeiro mundo, ou os favorecidos, temos de todo, e ás veces desprezamos cousas, polas que os desfavorecidos farían calquera cousa, eu identifícome con esta imaxe (imaxe 1), é Raúl, o meu xogador de fútbol preferido, aínda que nunca chegarei a ser coma el, eu admíroo, pero un neno desfavorecido seguro que non se identificaría cunha imaxe como esta, senón con unha como estoutra (imaxe 2), isto é triste. Para acabar con cousas como estas, existe os dereitos do neno, os máis importantes, son:
·         Dereito á educación
·         Dereito á una familia
·         Dereito a unha boa a  saúde
·         Dereito a ser escoitados
·         Dereito a un nome e a unha nacionalidade 
·         Dereito a non ser obrigado a traballar.
·         Dereito a non ser discriminado.
Neno primeiro mundo
Neno terceiro mundo
  • Recibo educación
  • Teño una familia
  • Teño unha boa saúde e asistencia médica
  • Escóitanme cando falo
  • Teño un nome e unha nacionalidade
  • Non traballo obrigadamente
  • Non son discriminado
  • Non adoitan recibir educación
  • Teñen familia
  • Non teñen una boa saúde e asistencia médica
  • Non o escoitan cando fala
  • Teñen nacionalidade, e a maioría nome
  • Traballan obrigadamente
  • Son discriminados
Agora compararei os meus dereitos con os dun neno do terceiro mundo:


Hai unha diferenza notable, eu fun de viaxe a Marrocos, e sorprendeume a miseria, pobreza e mala calidade de vida que hai alí, un barrio rico alí, é coma un pobre aquí.
Hai que acabar con isto, e todos temos que axudar.
                        Antonio Cañizo Outeiriño.
OS DEREITOS DO NENO



1.   O neno ten dereito dende o seu nacemento a un nome e a unha nacionalidade.
·   O meu nome é Saray e son española.
·   O nome da miña amiga é Colomba e é arxentina.
·   O nome do meu amigo é Jemeni e é de Camerún.
2.   O neno ten dereito a recibir educación, que será gratuíta e obrigatoria por o menos nas etapas elementais. 
·   Eu estudo no Colexio Guillelme Brown.
·   Colomba estuda nas Lagoas.
·   Jemeni non estuda, el levantase cedo pola mañá para coidar ás cabras e logo axúdalle a súa nai e ós seus irmáns na terra que cultivan, vai comer e á tarde volve traballar ata a noite.
3.   Os nenos teñen dereito ó xogo.  
·   Eu xogo cos meus amigos sempre que me apetece e non estou en tempo de clases; xogo a consola, xogo cos meus peluches...
·   Colomba tamén xoga cos seus amigos cando quere; xoga a consola, xoga cos seus peluches...
·   Jemeni xoga con súa irmá Nala cando encontra un tempo libre (poucas veces); xoga a calquera cousa.
4.   Todos os nenos teñen dereito a unha familia.
·   Eu vivo co meu pai e coa miña nai xunto coa miña irmá e co meu irmán.
·   Colomba vive con súa nai e mais co seu pai.
·   Jemeni vive coa súa nai, co seu pai e cos seus 4 irmáns.
5.   Os nenos teñen dereito á protección durante os conflitos armados.    
·   Eu nin ningún da miña familia estivemos nunca nunha guerra.
·   Colomba tampouco.
·   A familia de Jemeni vivía nun país en guerra, desgraciadamente seu irmán de 16 anos perdeu un brazo tras caerlle unha bomba ó lado.
6.   Os nenos teñen dereito á Protección Contra o Traballo Infantil. 
·   Eu teño 14 anos e estou facendo uns estudos para poder preparar unha carreira e así poder traballar cando sexa maior de idade e estea preparada.
·   Colomba tamén ten 14 anos e no futuro tamén irá a universidade para traballar cando teña idade.
·   Jemeni , como xa vos dixen antes, traballa dende que se levanta ata que vai durmir e soamente ten 8 anos.
7.   Os nenos teñen dereito á protección contra as minas terrestres.      
·   Eu por sorte nunca tiven que traballar nunha mina xa que meus pais non me obrigan a traballar.
·   Colomba tampouco.
·   Un dos irmáns de Jemeni traballa nunha mina para poder gañar algo de diñeiro para poder axudarlle a seus pais e a seus irmáns a sobrevivir.
8.   Todos os nenos teñen dereito á alimentación e á nutrición.
·   Eu grazas aos meus pais pódome alimentar todos os días e non teño que traballar para facelo.
·   Colomba tampouco ten que traballar para alimentarse.
·   Jemeni traballa todos os días para axudarlles a seus pais a gañar diñeiro para poder comprar de comer.
9.   Todos os nenos teñen dereito a vivir en harmonía.
·   Eu aínda que teño algún problema que outro vivo en harmonía.
·   Colomba tamén terá problemas pero tamén vive en harmonía.
·   Jemeni non vive en harmonía dende que traballa, dende que pasa fame...
10.   Todos os nenos teñen dereito a diversión.   
·   Eu divírtome todos os días, uns máis ca outros... pero todos os días.
·   Colomba tamén se divirte.
·   Jemeni escasas veces se divirte.
Colomba e eu gozamos de todos os dereitos do neno e se algún día se nos nega un dereito podemos denuncialo, en cambio, Jemeni soamente goza dalgún dereito cando debería gozar de todos.

Non me imaxino como sería ter que vivir nas condicións de Jemeni e tampouco o desexo pero el seguramente desexe e pense todos os días como sería vivir nas miñas condicións.

SARAY 3º ESO


REFLEXIÓN


   É un tema moi interesante saber cales son os nosos dereitos. Agora que xa temos unha idade na que comprendemos o que nos corresponde ter, e que todos os días vemos nos xornais e noutros medios de comunicación como a televisión ou a radio os problemas que teñen as xentes para vivir dunha  maneira digna, debemos loitar de maneira pacífica para que todos teñan o que nós temos.
   Temos dereito a unha educación, a unha sanidade pública, a liberdade de expresión, a poder votar cando cumpramos dezaoito anos…
   Hai países nos que non teñen os requisitos mínimos para poder vivir. Se pensamos nos países como Somalia,  Afganistán, Marrocos…vemos que os nenos non todos van a escola, que moitos non teñen para comer, que as condicións de hixiene son pésimas, que a medicina é precaria ata límites impensables (non hai vacinas, médicos…)  e que a situación da muller é infrahumana ( o sometemento ao home, a ablación…).
   Por iso hai  persoas que queren deixar o seu país e vir a vivir a España onde o que traballa, é dicir o traballador,  pode chegar a vivir dignamente.
   Ao lado onde vivo eu, vive unha familia procedente de Francia, teñen os mesmos dereitos ca min e para min é unha gran satisfacción, porque teñen unha filla da miña idade e somos boas amigas, está moi leda e seguro vivirá aquí sempre.
   Ao mesmo tempo tamén hai unha familia africana,  formada polos pais e dous nenos. O máis pequeno ten tres anos  e o maior doce. Cando chegaron, contáronnos que na súa aldea tiñan que ir pola auga en cubos, e non podían ir sempre que o necesitaban, cando enfermaban, unha especie de curandeiro facía ás veces de médico. Aquí, vanse acostumando pouco a pouco aos costumes e modos de vida (só levan un ano), pero din que aínda que votan en falta a súa familia non volverían marchar.
   Nós non nos damos conta da sorte que temos de vivir nun país, onde os dereitos fundamentais do ser humano os temos, onde vivimos rodeados dunha familia que nos quere (a infancia é moi castigada nos países subdesenvolvidos coa desnutrición), e temos liberdade para pensar e decidir.  
É necesario que esteamos concienciados de que todas as persoas do mundo deben de ter os mesmos dereitos e apoiar calquera iniciativa para mellorar a penosa situación daquelas que por algunha razón carezan de eles.       



0 Response to " "

Seguidores

Datos personales