ESTES TEXTOS SON OS GAÑADORES DO CONCURSO LITERARIO DO ANO PASADO:
1º PREMIO
O MEU RETRINCO

A historia que vou narrar comeza dende que teño memoria e vouno adicar ó meu avó.


 
Eu vía o meu avó coma un superheroe xa que m ensinou moitas cousas que sei. Cando miña nai me levaba a casa dos meus avós eu víao coma un xogo, xa que cando entrara pola porta ía a ir correndo cara os brazos do meu avó e comezaríamos a xogar cos meus xoguetes, ó dominó ou calquera cousa que se lle ocorrese a el. Nunca esquecerei eses días fríos e húmidos de inverno que pasaba xunto meu avó, xogaba comigo ou mesmo día que ensinoume a asubiar, o cal me custou un montón pero o final o conseguín e conteillo aso meus pais coma un grande logro.
Unha das cousa que mellor recordo era cando ía ao pobo cos meus pais e avós nos invernos e veráns; nuns deses días na casa do pobo e, que recordo coma se fose onte; foi cando o rematar a fin de semana e meus pais e mais eu estabamos listos para marchar e cando xa estaba a piques de subir o coche mentres meus pais gardaban a equipaxe meu díxome dende o xardín:
_Inés- díxome cun sorriso
_Que?- preguntei
_Sabes o que significa morcego?- preguntou
_Non- contestei
_Pois cho vou dicir…-dixo tranquilamente- significa rato cego voador; o mor (rato en portugués) cego (cego voador)
_Significa iso?- preguntei con curiosidade
_Si, non  esquezas- dixo despedíndose
E dende entón non o esquecín,  é máis non o esquecerei.
O día máis tráxico da miña vida foi cando finou, sentíame totalmente perdida sen guía pero grazas á miña familia atopei outra ponte por onde seguir.

DEDICATORIA:
Grazas avó fuches o mellor e nunca
esquecerei o que me ensinaches.
Sabes que é o mellor? Que segues vivo
no máis profundo do meu corazón e é a parte máis grande.
RECORDAREITE SEMPRE!!           
                                                     Inés.

 
 2º PREMIO 

A TAREFA DE ANA

Era unha noite escura e fría, Ana saíu da súa casa agochada entre as sombras protectoras que lle brindaba a fachada irregular do seu edificio “Esperemos que non me visen” pensou. Correu pola finca da vella casa dos seus pais rogando que non notase ninguén a súa fuga nocturna, o castigo podería ser un candeado na porta do seu cuarto... o cal conleva deixar de ver a Nicolás.
Nicolás... a simple Idea de deixar de velo páralle o corazón a Ana... Hai xa un ano que se están a ver en segredo cada noite no mesmo claro do bosque, un claro que se converteu xa nun monumento ao amor non permitido, ao romanticismo...
            Sigamos con Ana. Aquela escura noite correu por entre as árbores recorrendo o camiño de sempre, apartando as polas que lle percorrían a cara, estaba impaciente por chegar, tiña un presentimento que non lle deixou acougar durante todo o día, “tranquilízate parva” dicía para si mesma “é só unha sensación sen máis”. Chegou cinco minutos antes das doce, a hora de sempre que podía saber polas campás da igrexa; sentou nunha rocha e agardou.
                De súpeto unha sombra moveuse entre as árbores “Nicolás? Es ti?”... ninguén respondeu... “Nicolás?... Amor?”  ... Máis silencio...  “Sería unha rama movéndose” pensou a boa de Ana. Ela non quería recoñecelo consigo mesma pero estaba comezando a asustarse.
                Chegaron as doce e pasaron, e Nicolás non chegaba. “Onde estará?” preguntouse.
-          Non vai vir o teu amor nena.- dixo unha voz detrás dela
-          Quen anda aí?!
-          Unha pobre vella errante que se perdeu nesta noite escura.- continuou a voz
Unha sombra aproximouse de entre as árbores ata chegar ao claro do bosque, case sen luz debido á falta de lúa.
-          Como que non vai vir?- inquiriu a moza.
-          Os corvos voan baixo sobre a súa casa.
-          Que quere dicir?!- Ana estaba aterrada
-          Nunca volverás  velo
-          QUE?
-          Dixéronmo as estrelas...
A rapaza podía adiviñar un longuísimo pelo prateado caendo polas costas da vella, un nariz prominente saíndo das faccións da cara chea de engurras anteriores ao nacemento incluso de Ana.
-          Basta! Non sei quen é vostede nin por qué coñece ao meu amado pero non me importa. El virá! Xuroumo!
A vella aproximouse á moza e colocoulle algo na man dereita.
-          Son meiga, se non me cres a min cre á natureza. – E liscou dando as costas a Ana dun modo lento e fantasmal .
En canto se recuperou da conmoción provocada polo inesperado encontro, a nena abriu a man e descubriu unha pequena semente que crecía a un ritmo sorprendente; saíanlle follas verdes, as raíces enroscábanse entre os dedos da rapaza, a cal non podía soltar aquela planta. A planta creceu e creceu ata transformarse nunha árbore pequena que saltou do seu podio de carne cara ao chan, onde seguiu desenvolvéndose.
Ana non podía deixar de observala... era tan verde, tan misteriosa, tan outonal... Da planta saíu unha discreta flor da que pendía unha nota de papel de seda escrita con letras estilizadas. Dicía así:
“ A soidade da branca azucena transforma as súas penas en pinchos”
Ana comprendeu a misteriosa frase no momento en que a pálida flor se tornou nun ourizo verde con agullas afiadas, dentro do cal había tres froitos castaños, redondos e con boa pinta, xunto a eles rezaba outra nota: “Estes froitos son a esperanza, a  ilusión e o amor, devólveos á terra para que florezan e régaos coas túas bágoas desesperadas para que tomen conciencia do seu valor na vida”.
A nena fixo o que a natureza lle mandaba e depositou os tres froitos na terra , un a carón de outro, e ela deitada preto, chorando pola súa perda, deixándose morrer naquela soidade; rezando porque aqueles froitos madurasen cedo e evitasen que a ningunha rapaza lle ocorrese xamais o que a ela, entregando a súa vida e o seu corazón á tarefa que lle encomendou a nai natureza, morrendo para dar vida á esperanza, o amor e a ilusión coa súa desesperación, o seu mal de amor e as súas ilusións rotas.
Por iso agora nas mesmas datas nas que Ana se entregou ao sono eterno comemos froitos coma os que ela sementou aquela noite, a carón de unha fogueira que nos brinde a calor que non lle brindou á rapaza o seu amado aquela escura noite...                                                                                                         
 Beatriz López Gómez 4ºESO
    A miña vida e a túa:
Ola, eu chámome Lucía e nacín en España, encántame xogar ao fútbol, voleibol, correr, xogar ao béisbol, en xeral, gústanme moito os deportes porque é a miña forma de divertirme nos momentos de lecer, e disfrutar cos meus compañeiros e amigos, a parte de poder mellorar e poder ter un futuro. Tamén me gusta moito levantarme e encender o reprodutor de música cos grupos e cantantes que máis me gustan como Michael Jackson, MC magic, Good Charlotte, Tokio Hotel cada paso que dou fágoo co ritmo da música, coa súa base, porque me axuda a esquecer os problemas, e  a disfrutar. Cada vez que vou pola rúa podo ir escoitando música co meu IPod. Outra cousa que me gusta moito é o ordenador, alí gardo todas as miñas cousas persoais: fotos, vídeos meus cos meus amigos, mensaxes, música case todos os días estou no ordenador, falando cos meus amigos polo Chat, mirando as novas fotos que soben no “Tuenti” sobre a fin de semana. O ordenador tamén o uso para buscar información para os traballos, ver as noticias, porque a  televisión nunca ou case nunca a vexo, porque a verdade, non me gusta moito. Tamén aproveito para ler un pouco antes de durmir, pero non os libros do colexio, se non libros  que me gustan a min persoalmente.
Fatma é unha nena do Sahara, cando é verán vai á mesma praia ca min e pasamos moito tempo xuntas. Ela non ten pais, ten moi boa educación, a pesar de non poder ir a un bo colexio, pero vai a un para nenos coma ela. Case nunca pode xogar ao voleibol aínda que lle gusta moito, e cando é verán quere quedar asta as doce da noite xogando, porque quere disfrutar polo menos un mes ao ano. Ela non ten ordenador, polo tanto non pode ter as súas cousas alí, nin buscar información para clase, ten que consultar as enciclopedias dunha biblioteca da cidade (se teñen). Cando viña á  miña casa eu deixáballe o ordenador e gustáballe moito xogar. Ensineille os meus CD´s e quedou moi sorprendida, encantáronlle.
O que máis me gustou é que a xente como Fatma, sorpréndese e agradéceche todo, son moi  moi boa xente e merecen un mellor trato.
Lucía Rivera, 3º ESO

           

0 Response to " "

Seguidores

Datos personales